martes 16 de junio de 2009
Fotos
Material para verán...
Fin de Curso!
jueves 28 de mayo de 2009
NORABOA ELIIiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii!
Un albanel de Vilanova de Arousa leva o decimoséptimo Audi A3 de La Voz de Galicia.
A Félix Prado Núñez sorriulle a sorte e é o feliz propietario dun novo Audi A3, o decimoséptimo da promoción de La Voz de Galicia. Veciño de Vilanova de Arousa, non foi na súa vila, senón na veciña Vilagarcía, onde o esperaba a sorte.Un recado que lle fixo á súa muller -«fun a Vilagarcía a comprarlle agullas para a máquina de coser»- fixo que adquirise o xornal nesa cidade, lonxe do habitual establecemento ao que acode en Vilanova. De feito, rascou a cartilla no seu propio coche e sentiuse gratamente sorprendido ao descubrir os catro vehículos.
jueves 21 de mayo de 2009
lunes 11 de mayo de 2009
Calendario
Estes días falamos en mate dos meses do ano e doa días, aquí tendes o que nos queda de curso.Non esquezades a excursión a Apipolis que nos falta e que faremos sobre o día 11 de xuño.
miércoles 6 de mayo de 2009
Ata o 40 de maio non saques o saio!
Xa ben entradiños en maio traballamos a reo para irlle dando remate os nosos libros.
En Lengua xa sabemos de sustantivos,adxectivos e verbos.Palabaras femininas e masculinas,plurales e singular.En Galego outro tanto.En Mate sumas,restas,multiplicacións e números ata o 900.En coñe corpo,animais,paisaxes...e un montón de cousas que fixeron deste curso un ano moi completo.Pero isto aínda non acaba así que moito ánimo e bo humor para estas semaniñas que nos quedan ata o día 22!
jueves 16 de abril de 2009
Día do Libro
O vindeiro día 23 de abril celebramos o día do libro, para festexalo pedimosche que penses nunha anécdota da túa vida ou escribas unha pequena autobiografía na que podes facer algún debuxo ou engadir fotografías.Para cando a profe che entregue o papel no que tes que facelo ten pensado o que vas poñer e recolle información mentres na casa ou no teu entorno se necesitas datos.
martes 31 de marzo de 2009
Olliño!
Internet es muy útil para aprender,
informarse y jugar, pero también es
peligroso porque contiene engaños
y mentiras. Por eso, debemos tener
precaución cuando naveguemos.
‚ Lo mejor es usar Internet acompañado
por tus padres o por tus profesores.
‚ No facilites datos tuyos a nadie desconocido
y no intercambies fotos ni
información (nombre, apellidos, dirección,
teléfono) ¡Mantén en secreto
tus claves y contraseñas!
‚ Tampoco des datos de tu familia y
amigos.
‚ Comparte información sólo con los
amigos que conozcas de antes; y en
redes y chats no invites a extraños.
‚ Si necesitas registrarte en algo, que lo
hagan por ti tus padres o profesores;
no uses tu nombre real, invéntate un
nick.
‚Cuidado con la descarga
de archivos o programas que
no se conocen .
‚ Si abres un blog o una página personal,
que lo sepan tus padres. Asegúrate
de que sólo pueden entrar en
ella los amigos que previamente invitaste.
No publiques fotos de nadie sin
su permiso y el de sus padres.
‚
‚ Si notas algo extraño cuando navegues
o tienes dudas, díselo a tus padres
o profesores: ellos se preocupan
por ti y quieren ayudarte.
Máis información:http://www.valedordopobo.com/
lunes 30 de marzo de 2009
Vacacións!
Campeones!
domingo 29 de marzo de 2009
A por eles!
Mañá no cole temos unha actividade distinta,desas que nos gustan por aquelo de participar cos compañeiros.Falamos do concurso 2º A-B de contidos,40 preguntas de coñe,lingua,mate e lengua que porán os nosos equipos en situacións divertidas para atopar a resposta.Esperemos que os calores que nos trouxo Andrés de México,a axuda de Super Núñez cas mates e o esforzo de toda a panda da clase nos deixe nun bo posto!
jueves 12 de marzo de 2009
jueves 5 de marzo de 2009
miércoles 4 de marzo de 2009
viernes 20 de febrero de 2009
jueves 19 de febrero de 2009
Animals
miércoles 18 de febrero de 2009
martes 17 de febrero de 2009
lunes 16 de febrero de 2009
viernes 13 de febrero de 2009
Entroidada para o LUNS
miércoles 11 de febrero de 2009
Entroido
Fichas de reforzo e amplación
martes 10 de febrero de 2009
Panadeiro
martes 3 de febrero de 2009
Aprendo a multiplicar
Aquí tendes uns enlaces para xogar cas multiplicacións:
xogo-
contas-supersaber-la oca-multìplicar sin parar-
Ordenador na clase
domingo 21 de diciembre de 2008
jueves 4 de diciembre de 2008
Imos levar unha pouca roupiña
lunes 3 de noviembre de 2008
Mañá Títeres na casa da cultura
miércoles 29 de octubre de 2008
lunes 27 de octubre de 2008
Nais emprendedoras
Halloween-Samaín
Halloween es una fiesta proveniente de la cultura céltica que se celebraba en los países anglosajones y actualmente se celebra en casi todos los países.
La historia del Halloween se remonta a hace más de 2.500 años, cuando el año celta terminaba al final del verano, precisamente el día 31 de octubre de nuestro calendario. El ganado era llevado de los prados a los establos para el invierno. Ese último día, se suponía que los espíritus podían salir de los cementerios y apoderarse de los cuerpos de los vivos para resucitar. Para evitarlo, los poblados celtas ensuciaban las casas y las "decoraban" con huesos, calaveras y demás cosas desagradables, de forma que los muertos pasaran de largo asustados. De ahí viene la tradición de decorar con motivos siniestros las casas en la actual víspera de todos los santos y también los disfraces.
Realmente el origen de las calabazas fueron los nabos, que se vaciaban para introducir una brasa en su interior, e iluminar el camino a los espíritus que venían a la tierra esa noche y así encontraran el camino a casa de sus familiares y vecinos.
Samhain: la última y más importante fiesta celta tenía lugar el 1 de noviembre. Este día significaba el día de año nuevo (siendo la víspera, el 31 de octubre, "nochevieja"), y a su vez indicaba que comenzaba una nueva etapa: el invierno.
Graciñaaaaaas!
Halloween
Concurso de CABAZAS “TUNEADAS”
-Colle unha cabaza (mellor das da horta, das de toda a vida).
-Decóraa ó gusto: dálle uns cortes, ponlle dentes, perruca, orellas,..... vamos, tunéaa como queiras e tráea ó cole.
-Non esquezas poñerlle unha candea dentro.
-Faremos unha exposición con elas e encheremos o cole de cabazas.
-Ademais, as 3 máis orixinais terán un premio (polo tanto, espreme os teus miolos).
-Podes traer a túa “obra” dende o mércores día 29 (antes non) e o venres 31 acenderémolas todas.
Non o penses,
ANÍMATE E PARTICIPA!
lunes 20 de octubre de 2008
Visita da Banda Municipal
Neste enlace de Minchas e Caramuxos temos o video da visita.Graciñas caramuxos! Aquí tendes o blog da banda:
http://esmuvilanovadearousa.blogspot.com/
sábado 18 de octubre de 2008
O corpo humano
Estes días andamos liados aprendendo as partes do corpo,os osos,os músculos e algunhas cousiñas que imos lendo na biblioteca ou nos libros que traemos á clase.Tamén podemos velos en inglés e compoñer cancións como as que imos cantar o vindeiro venres na clase.
Enlaces interesantes:
xogo do corpo humano-seres vivos-esqueleto-educalia.
martes 7 de octubre de 2008
Reunión de pais/nais
Hoxe ás 16:30 na aula de 2º B reunión de pais/nais para falar de:
1. Evitar as chucherías na merenda para iso elaboramos táboa de merendas semanal. Evitar envases de cristal e culler.
2. Non traer xoguetes nin cromos da casa.
3. Lembrar normas de hixiene. Lembrar traer material EF e música cando toca.
4. Facer fincapé na puntualidade e as autorización oportunas nas saídas.
5. Actualizalos datos do nen@s, insistindo nos teléfonos de contacto.
6. Recordar as normas apuntadas pola dirección do centro na circular.
7. Solicitar autorización de fotos se non has houbera.
8. Levar tarefas sen rematar ou reforzo a casa.
9. Lembrar os pais que non poden subir as aulas.
10. A lo menos unha visita por trimestre dos pais/nais.
11. Etiquetalo material( tanto do cole coma roupa)
12. Nos cumpreanos traeransen uns caramelos pero non haberá festas.Ollo os nenos/as alérxicos.
13. Non poñerse na reixa do patio ou pasar cousas ou comida a través da reixa.
14. Atención a pais/ nais o 1º e 3º martes de cada mes( se fora festivo ou non houbera correría para o seguinte)
15. Visita a otorrinos ou oculistas cando sexa necesario.
16.Rogos e preguntas.
sábado 27 de septiembre de 2008
A Biblioteca do cole!
Dentro duns días teremos o noso carné de biblioteca e poderemos levar libros para casa durante unha semana como máximo,deste xeito poderemos ler moitos contos.Só temos que escoller o libro e entregarlle o noso carné o rapaz/a que estea encargado no ordenador da biblioteca. Tamén nas horas de recreo podemos achegarnos un ratiño a ler.
miércoles 24 de septiembre de 2008
lunes 22 de septiembre de 2008
Novo enderezo!
Como o nome do noso novo curso indica nuns días,o blog pasará a chamarse a pandadesegundo.Simplemente teredes que escribir http://apandadesegundo.blogspot.com no voso ordenador e seguiremos online cas nosas aventuras.Este nome comezará a funcionar o 1 de outubro,ata daquela ide anotando a nova dirección.Bicosssss
Cambio no horario
viernes 12 de septiembre de 2008
Minchas e Caramuxos
Os nenos/as de 2ºA do Xulio Camba abren o seu novo blog minchas e caramuxos.BENVIDOS!
jueves 11 de septiembre de 2008
Bonito comezo
Que mañá tan bonita,a verdade que eu tamén estaba un pouco nerviosa pero foi unha ledicia veros de novo.Benvidos José e Juan Pablo espero que esteades contentos e moitas graciñas Nuria polas flores,non facía falla.
Xa sabedes que tendes toda a fin de semana para facervos co material e forrar os libros.Non hai presa.Non poñades o nome dentro,poñede unha pegatina ou escribide cun rotulador permanente no forro.Descansade ben esta noite,arranca a nosa viaxe por 2ºB!
miércoles 10 de septiembre de 2008
Os/as profes de 2º B
PROFESORADO 2º B
Tutora: María Jesús Mesejo Loureiro correo: mjmesejo@edu.xunta.es
Relixión: Gardenia Montenegro
Inglés: titular Cecilia García (*baixa por maternidade)no seu posto Pilar Canay.
EF: Hipólito Barral
Música: Carmen Salgado
Audición e linguaxe: María da Barca Fernández
Pedagoxía TerapéuticaT: Carmen Martínez
Lista Material 2º B
- 3 libretas pequenas con marxe e dobre pauta estreita de espiral.
- 1 libreta pequena cuadriculada (cadros pequenos) con marxe de espiral.
- 1 paquete de 100 folios DIN A-4 de 80 gramos.
- 1 boli azul e 1 vermello.
- 3 lapis STAEDLER nº 2.
- 1 tesoiras punta roma.
- 2 barras grandes de pegamento.
- 3 gomas .
- 1 afilalapis.
- 1 caixa de klinex.
- 1 caixa de 12 rotuladores finos.
- 1 caixa de 12 ceras duras delgadas PLASTIDECOR.
- 1 caixa de 12 ceras grosas pequenas
- 1 bloc de papel para manualidades.
- 1 estuche
- 1 axenda escolar 2008/09.
- 1 botelliña de pintura de Jovi.
- 1 ficheiro tamaño A4 de 2 anillas.
- 1 carpetiña de plástico transparente.(con solapa e botoncillo para pechar)
- 3 fundas DIN A4 de plástico
- 1 taco de plastilina.
- 1 pincel marca Jovi (referencia 806.)
- Para a clase de EDUCACIÓN FÍSICA @s nen@s deberán traer 1 bolsa de aseo pequena cunha toalla pequena, un botiño de xel, peite e colonia.
- 1 conto de lectura para a biblioteca de aula.(galego ou castelán)
Etiquetade TODO o material co voso nome antes de traelo o cole.
jueves 4 de septiembre de 2008
Comezo de curso
lunes 30 de junio de 2008
viernes 20 de junio de 2008
domingo 15 de junio de 2008
Terceiro Trimestre Xuntos
O profe Ramón
martes 10 de junio de 2008
Excursión Fin de Curso
miércoles 4 de junio de 2008
Autorizacións Saída o Grove
Como sabedes o día 10 estaremos no Grove e compre que traiades as autorizacións firmadas cos 10 euros.
Teredes que levar a comida, roupa cómoda para xogar no Monte Xiradella e unha gorriña por si fai sol.
Sobre as 5 estaremos de volta no cole e de seguro que o pasaremos moi ben vendo tantos peixes no acuario.
Saudiños e Boas noites!
Día Mundial do Medio Ambiente
lunes 26 de mayo de 2008
Repaso
lunes 19 de mayo de 2008
21 de Maio- Cine en Pontevedra
lunes 12 de mayo de 2008
Acuario do Grove
O vindeiro 10 de xuño estaremos no Acuario do Grove e para ir abrindo boca podemos velas especies que teñen.Xa sabedes que tamén conta cun Aviarium: un espacio ao aire libre onde poder observar o voo e as técnicas de caza das aves de presa máis representativas da nosa xeografía.
ACTIVIDADES CON PECES:
Primera Escuela-Yo Dibujo-English-Colorea On line-Plopp Aqua-Glup.
martes 29 de abril de 2008
Escribo
Aqui tendes varios enlaces para mellorar a nosa escritura ou traballar con papeis de motivos moi divertidos.
Primera Escuela-Algobar-Cuadernos Digitales-Métodos-Tus propias fichas-CLic-Reforzo-Caricature.
Formas Xeométricas
miércoles 23 de abril de 2008
sábado 12 de abril de 2008
Semana do libro
Actividades que a poden ser moi motivadoras para o fomento da lectura:
Coñecer títulos novos sen necesitar previamente a súa lectura.
Animar a levar libros a casa voluntariamente.
Comunicar experiencias de lectura (os alumnos entre si).
Mostrar fisicamente (sempre que poidamos) o libro ao que facemos referencia.
Adquirir unha técnica de valoración crítica dos libros.
Animar a ler partindo de actividades plásticas motivadoras .
Ter un encontro amigable e libre co libro.
Perder o medo á letra impresa (animar a ler antes de ler)poder xogar cos libros.
E na aula podemos facer:
O Museo do Conto.
Contos noutras linguas.
Esta semana recomendamos...
A foto dun autor, a nosa biografía.
Escenificar un libro lido.
Os contos dos avós.
Visita a unha biblioteca.
Recuncho de Lectura.
Somos bibliotecarios.
Visita de autores.
Ilustradores na clase.
Cómics.
Libros-xigantes.
Decorar as portadas.
Contacontos
Película/libro ou libro/película.
Poemas-murais.Concursos literarios.
Facer un club de poetas.
Debates pre-lectura.
Marca-páxinas.
Carné de lector.
Aventura espacial
Sen saber moi ben por que na clase de 1º B seguimos fascinados cos planetas.Aló polo principio Eric xa nos deixara abraiados co que sabe da Terra, a capa de ozono...e ágora nos seguimos co tema ca axuda dos libros que Uxía e Andrés trouxeron esta semana.Logo a nosa viaxe con Pipo polo universo gustounos moito na Pizarra Dixital e para plasmalo e facelo noso adicamos unhas horiñas do xoves e venres a facelo noso mural. Sinxelo, xa sabedes,pero feito por nos que é o que importa.
Que planeta vos gusta mais?
miércoles 9 de abril de 2008
Viaxe dixital
Hoxe estivemos na biblioteca lendo uns contos mentres os rapaces do cole sur estaban no patio. Era a primeira vez que estabamos este ano alí cos libros pero así imos preparando a semana do libro que chegará o vindeiro luns.
Logo traballamos na Pizarra Dixital facendo debuxos, escribindo o nome, facendo sumas e descubrindo o universo para rematar no google earth viaxando ata Vilanova,Xapón o Polo Norte...
lunes 7 de abril de 2008
8 de abril- Día internacional dos Xitanos
A comunidade xitana está constituída por máis de 10 millóns de persoas que habitan en numerosos países de todo o mundo. En Europa constitúe a minoría étnica máis importante e numerosa, con máis de 8 millóns de persoas. En Galicia viven aproximadamente 9.000, entre elas, a nosa compañeira Carmen.
Esta conmemoración supón unha ocasión para coñecer a súa historia, a súa lingua e a súa cultura.Actualmente é conmemorada como unha chamada de atención á discriminación que, en moitas ocasións aínda sofre esta comunidade.
miércoles 2 de abril de 2008
Autismo
Poida que coñezamos ou poidamos coñercer amigos/as con autismo,así que na panda de 1º B non dudamos en unirnos por suposto o día Mundial para a concienciación do autismo.
Sumando unidades y decenas
sábado 29 de marzo de 2008
Avaliando
Esta semana estivemos facendo as nosas primeiras auto avaliacións. Os resultados non son mais que o reflexo do que levamos aprendido ou no seu caso do que temos que repasar.
Darnos conta dos nosos erros permítenos corrixir e aclarar as dubidas que temos. Deste xeito temos que entender que lonxe de asutarnos temos que habituarnos a saber valorar o noso traballo dun xeito autónomo.Nora boa a todos por facer o mellor que sabedes e animo no que nos resta de curso.Boa fin de semana!
Non esquezas-Cambio de hora.
A próxima madrugada comeza o horario de verán e os reloxos deberán adiantarse unha hora, é dicir, ás 2.00 horas serán as 3.00.
O cambio de hora empezou a xeneralizarse a partir de 1974, cando se produciu a crise de petróleo e algunhas países decidiron adiantar os reloxos para aproveitar máis a luz solar e consumir menos electricidade en iluminación.
viernes 14 de marzo de 2008
Felicidades,Parabens, Congratulations!
miércoles 12 de marzo de 2008
2ª avaliación
A volta das vacacións de Semana Santa( do 15 ó 24 de marzo) o día 1 de abril teremos a reunión da segunda avaliación. Polo tanto a semana anterior ,do 25 de marzo ,
analizaremos como imos na lectura, escritura,matemáticas, ficheiros,libros,limpeza...para entregar as notas o día 4.Non esquezades repasar nas vacacións e pasalo MOI MOI BEN.
Vémonos á volta o martes 25 de marzo!
Bicletas pola Paz-Anxo Moure
Hoxe tivemos unha visita moi especial,Anxo Moure veu contar historias moi interesante cas que desfrutamos moito ,por ese motivo mudamos a nosa festa de cumpreanos para o venres 14.
"Anxo Moure leva quince anos recorrendo as escolas de Galicia cos seus contos solidarios. O diñeiro que gaña adicao a comprar bicicletas para os maestros, traballadores sociales e médicos do Terceiro Mundo. Xa conseguiu máis de 1.200 bicicletas para axudar a colectivos marxinados de 23 países."
lunes 10 de marzo de 2008
Chega a Pascua!
Aínda que esta chuvia nos ten un pouco desorientados, esta semana damos vacacións de Semana Santa e a Pascua está ó caer. Como cadra tan baixiño no calendario parece que non nos facemos á idea pero xa estamos decorando a clase. Nestas datas os protagonistas son os padriños,madriñas, as roscas e os ovos de chocolate...por certo, en caso de que os teñades ....Como se chaman os vosos padriños?
Cumpreanos !
Convocatoria de Axudas para mercar ordenadores
miércoles 20 de febrero de 2008
CANTO MIDES?
Despois do patio aprendemos a medir.Pasos,mans...e ata puxemos a marca da nosa altura no mural da clase.Adrián K é o mais alto e a profe tamén deixou a súa marca.
Como aprendelo no libro non nos convencía saímos o patio a medir.Medimos distancias cos pes,cos pasos e o papá de Laura veunos cando pasaba por alí.
Hoxe de seguro que moitos andan pola casa medindo e preguntando canto miden.Por certo podedes deixar aquí as vosas respostas e iso tamén vai para todos/as os que nos visitan:
As arbores do patio
Hoxe estabamos traballando cando vimos pola fiestra que estaban a cortar as ramas das arbores do patio.Puxémonos a falar da poda,do outono, das follas, da primavera... e decidimos merendar xuntos no patio mentres os operarios do concello traballaban.Mais valía iso que non telo que aprender na foto dun libro, gústanos aprender xuntos.
lunes 18 de febrero de 2008
San Abracín
Os nosos amores
martes 12 de febrero de 2008
Rico,rico!
lunes 11 de febrero de 2008
San Valentín!
Unha semana máis por diante e San Valentín ou Cupido facendo das súas este Xoves. Como dicía Andrés o outro día na clase, chega o día do amor e como o da Paz aínda non queda tan lonxe,nós que aínda somos pequerrechos desexámosvos que pasedes unha semana cargadiña de mimos e cariño que o final é o que conta.
jueves 7 de febrero de 2008
viernes 1 de febrero de 2008
martes 29 de enero de 2008
Semana do entroido
domingo 27 de enero de 2008
Pintando pola Paz
Este foi o noso mural adicado a Paz.As nosas mans con pintura branca deron forma as pombas que decoraron o papel azul o que lle engadimos os nosos nomes ca colaboración doutros amigos como o profe Ramón.
boomp3.comviernes 18 de enero de 2008
jueves 17 de enero de 2008
As ferramentas de Uxía
Parece ser que a nosa Uxía gústalle moito xogar no seu novo ordenador así que ímos deixar uns enlaces interesantes para pintar, xogar e pasar un bo rato co aparello. Animádevos os demais,podedes mandar os vosos debuxos por correo electrónico ou imprimilos e traelos ó cole.Seguro que facedes cousas xeniais.
Enlaces Vagalume-Tux Paint-Planetplopp--Pictaps-Squeak-Xogo-Suma-Mate.
viernes 11 de enero de 2008
Volta ó cole
Sempre custa un pouquiño volver a collelo ritmo do cole.Madrugar,poñelas pilas pero xa pasou a primeira semana nun plis plas.
Tivemos moitas caídas de dentes como os de Nuria,Uxía... así que o rato Pérez debeu andar atarefado, algún catarriño como o de Andrés e supoñemos que Cristián e Adrián Mariño que seguen maliños.
Os cumpreanos de Tania e Eric Adrián (que é mañá).
E algúns nervios collendo de novo o ritmo das clases.Pero o importante é que voltamos a estar xuntos aprendendo e compartindo novas experiencias.
Clase nova, con nova distribución, ca profe María de AL que nos axuda os xoves e venres a aprender a ler, o rinconciño do ordenador e moitas cousas mais que nos esperan nos vindeiros meses.Feliz Volta ó Cole!
domingo 23 de diciembre de 2007
jueves 20 de diciembre de 2007
BO NADAL, vémonos o 8 de xaneiro!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






































